Violencia e conflitos bélicos no novo século (Pontevedra)

10 decembro 2007

Pontevedra; Café Moderno (Fundación Caixa Galicia; Praza de San Xosé nº 3)

 garcia_fernandez_bouzan_fernandez.jpg

Basilio García Pérez, Carlos Fernández, Xosé Fortes Bouzán, Miguel Ángel Fernández

 

Nesta sesión de Os debates de Café Voltaire o tema foi “Violencia e conflitos bélicos no novo século”, aproveitando a recente publicación do volume homónimo, coeditado por Editorial Galaxia dentro da súa colección ‘Ensaio’ e a Fundación Carlos Casares, no que se recompilan as sesións dos III Encontros de Mondariz-Balneario, organizados pola Fundación Carlos Casares en setembro do 2005 co mesmo título e nos que participaron Xosé Fortes Bouzán, Felipe Fernández-Armesto, Miguel Ángel Fernández, Alberto Oliart, Rafael Vilasanjúan e Bernard Cassen.

capa_violencia-e-conflitos-belicos.jpg

Capa do libro

 

A sesión foi introducida por Carlos Fernández, director dos Encontros de Mondariz-Balneario e editor do volume, e nela interviron tamén o almirante retirado da Armada Miguel Ángel Fernández e o historiador Xosé Fortes Bouzán, ex-militar da Unión Militar Democrática, ambos conferenciantes durante os III Encontros de Mondariz-Balneario e autores de candanseu capítulo do libro, ademais de Basilio García Pérez, participante habitual nas sucesivas edicións dos Encontros. O acto, de libre asistencia, logo das intervencións da mesa pechouse cun coloquio co público.

garcia_fernandez_bouzan_fernandez_1.jpg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *