Dirixido a escolares de Nigrán e Panxón, o 2º Concurso Escolar Municipal de relato curto “As laranxas que medraban en Nigrán” terá lugar do 15 de febreiro ao 30 de marzo de 2024.
As persoas interesadas en participar deben ser alumnado dos centros de Nigrán (CEIP Humberto Juanes de Nigrán, Mallón, Carlos Casares de Vilariño, da Cruz en Camos, CPI Arquitecto Palacios en Panxón, Ángel de la Guarda en Priegue e Estudio de Chandebrito) e CEE Juan María de Parada e CEE de Panxón.
A historia debe xirar en torno a froitas animadas como protagonistas e o prazo de presentación de obras finaliza o 30 de marzo. A entrega de premios realizarase nunha gran gala o sábado 27 de abril no Auditorio Municipal, constando de cadanseu lote de libros para as 5 primeiras persoas clasificadas e diplomas para todas as participantes.
Enlace: Bases do concurso
O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.
ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

A Fundación Carlos Casares ten este ano o compromiso de recuperar a figura senlleira de Domingo García-Sabell en Santiago de Compostela, onde tivo o seu berce. Cumprido xa o 20º cabodano, unha efeméride que pasou inxustamente desapercibida, queremos botar algo de luz á súa figura. A xornada comezará ás 12:30 horas no cemiterio de Boisaca cunha ofrenda floral e unha breve lectura de textos do autor. Continuará ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega, nunha sala posta á nosa disposición, cunha mesa redonda na que participarán Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral e Darío Villanueva, que será moderada por Serxio María Rodríguez Álvarez. A recepción dos asistentes comezará quince minutos antes, á 18:45 horas, para facilitar a súa acomodación e iniciar o acto á hora exacta.
O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboran un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e obra de Carlos Casares entre a mocidade do concello a través dun concurso literario, en cuxa gala prevista para o sábado 27 de abril se fará entrega de premios.
No evento, ademais da entrega de premios a escolares participantes no II Concurso Escolar Municipal de Relato Cutro “As laranxas que medraban en Nigrán”, tamén contaremos coas actuacións da Banda Xuvenil da Esola da Agrupación Musical de Vincios, dirixida por María García Bustos, a Compañía Almadanza, Dúo Carrera, Xérmola e Xosé Poldras.
O acto será presentado e conducido por Marina Sánchez-Canal.