Axenda

Nov
13
Mér
Exposición “Sorrisos por un mundo” na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra @ Sala Rosalía de Castro - Sede Vigo Deputación Pontevedra
Nov 13 – Nov 28 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Nov
30
Sáb
Gala de entrega do Premio Literario “Carlos Casares” de microrrelato @ Salón Noble do Liceo de Ourense
Nov 30 @ 6:00 PM – 8:00 PM

O sábado 30 de novembro, ás 18 horas, o Salón Nobre do Liceo de Ourense acollerá a gala de entrega do Premio Literarios “Carlos Casares” de microrrelato. Ademais das tres persoas gañadoras dos premios, o público asistente poderá gozar coas actuacións da Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios, dirixida por María García Bustos; a actuación de danza de Luper Carballo; o dúo de clarinetistas Carrera; o teatro de Xérmola. Cantos e Contos; e o debuxo artístico de Xosé Poldras. Este evento multidisciplinar e transversal de artes e literatura será presentadopor Marina Sánchez, de Canal Cultura.

Este acto, organizado pola Fundación Carlos Casares e por Xosé Carlos Ares, está subvencionado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e Caldaria, e conta co apoio do Liceo de Ourense.

Dec
3
Mar
Diálogos do Volter: “Ucraína: as guerras da memoria antes da guerra” @ Sala de tertulia. Liceo de Ourense
Dec 3 @ 7:30 PM – 8:30 PM

Volver as Conversas da Fundación Carlos Casares a Ourense. Baixo o título de Diálogos do Volter, a primeira conversa xirará ao redor do contexto histórico de Ucraína antes da guerra que está a vivir actualmente. Presentado e moderado por Serxio María Rodríguez Álvarez, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Vigo, o relator convidado será Xosé Manuel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea na USC, que falará de “Ucraína: as guerras da memoria antes da guerra”.

A actividade, organizada pola Fundación Carlos Casares e o Liceo de Ourense, está patrocinado pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Ourense.

Dec
5
Xov
Presentación do caderno de gravados “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” @ Biblioteca Pública Municipal de Nigrán
Dec 5 @ 7:00 PM – 8:30 PM

O xoves 5 de decembro, ás 19 horas, a Fundación Carlos Casares e o Concello de Nigrán presentarán o caderno de gravados As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Intervirán o autor da obra, Xosé Poldras, doutor en Belas Artes; e mais José Ángel Cid, profesor do departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo.

O interludio musical correrá a cargo do Grupo de Cámara da Agrupación Musical de Vincios. A Deputación de Pontevedra subvencionará a actuación dentro do seu programa Culturea.

Feb
19
Mér
@ Espazo MUTA
Feb 19 @ 8:00 PM – 10:00 PM

Aínda nos tempos máis escuros, o Entroido non deixou de celebrarse. Portas adentro a xente o vivía con paixón: tempo de tránsito, de entrada, de subversión e festa, de burla e liberdade, mesmo que fose pel adentro. Así nolo contou Carlos Casares en “Tempo de máscaras. Cando o Entroido era pecado”. Nesta primeira sesión do ano reviviremos ese espírito coa forza de cigarróns, merdeiros e pantallas, que nos visitan con ganas de troula. Quen deles dominará a festa? 🔥
🎶 Coa música de Mouchiñas (A.C. O Fiadeiro) para sentir os latidos da noite antiga, e como manda a tradición, brindis co viño tinto da D.O. Monterrei, e saborosos petiscos do noso chef.
😏 Recoméndase disfraz ou máscara. Logo non digas.
📅 Mércores, 19 de febreiro ás 20h00
📍 Espazo MUTA, Joaquín Loriga 9, Vigo
💶 Entrada: 15€
🔗 Inscricións: Envía un correo a muta@muta.gal e reserva a praza. 👁Non esquezas que a compra das entradas realízase a través de BIZUM ao número 6️⃣7️⃣9️⃣1️⃣6️⃣9️⃣4️⃣7️⃣3️⃣📲
✨ Unha noite de máscaras, de sons ancestrais, de festa. Atrévete a mutar. #Mutacións4 #Entroido #CulturaGalega #osmundosdecarloscasares #Monterrei #FestasGalegas #CigarrónsVsMerdeirosVsPantallas