Aínda nos tempos máis escuros, o Entroido non deixou de celebrarse. Portas adentro a xente o vivía con paixón: tempo de tránsito, de entrada, de subversión e festa, de burla e liberdade, mesmo que fose pel adentro. Así nolo contou Carlos Casares en “Tempo de máscaras. Cando o Entroido era pecado”. Nesta primeira sesión do ano reviviremos ese espírito coa forza de cigarróns, merdeiros e pantallas, que nos visitan con ganas de troula. Quen deles dominará a festa? 🔥
🎶 Coa música de Mouchiñas (A.C. O Fiadeiro) para sentir os latidos da noite antiga, e como manda a tradición, brindis co viño tinto da D.O. Monterrei, e saborosos petiscos do noso chef.
😏 Recoméndase disfraz ou máscara. Logo non digas.
📅 Mércores, 19 de febreiro ás 20h00
📍 Espazo MUTA, Joaquín Loriga 9, Vigo
💶 Entrada: 15€
🔗 Inscricións: Envía un correo a muta@muta.gal e reserva a praza. 👁Non esquezas que a compra das entradas realízase a través de BIZUM ao número 6️⃣7️⃣9️⃣1️⃣6️⃣9️⃣4️⃣7️⃣3️⃣📲
✨ Unha noite de máscaras, de sons ancestrais, de festa. Atrévete a mutar. #Mutacións4 #Entroido #CulturaGalega #osmundosdecarloscasares #Monterrei #FestasGalegas #CigarrónsVsMerdeirosVsPantallas
Premio de microrrelato para o alumnado de ensinanza post-obrigatoria de Ensinanza de Grao Medio e Superior da provincia de Ourense.
Enlace: Bases do Premio Literario “Carlos Casares” de Microrrelato

Organizado pola Fundación Pública Galega Camilo José Cela e a Biblioteca Nacional de España, e coa colaboración das fundacións Carlos Casares e Gonzalo Torrente Ballester, esta xornada segue o ronsel da primeira edición, celebrada na sede da Fundación CJC no pasado mes de abril. Abordarase tanto o xornalismo e a literatura das figuras de Cela, Casares e Torrente, como as novas perspectivas do século XXI, contando coa presenza de Cristina Sánchez Andrade por parte da Fundación Carlos Casares; de Ana María Gómez-Elegido, por parte da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; e de Adolfo Sotelo, da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.
Enlace: Programa das II Xornadas Periodismo de Onte e Hoxe
O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.
ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Iniciada en 2019, o evento pretende analizar o universo do lecer interactivo dende unha perspectiva diferente e alternativa, pero dándolle protagonismo á industria do videoxogo como un sector de gran potencialidade para a cultura en Galicia. O evento está organizado pola Fundación Carlos Casares en colaboración co MARCO e grazas ao patrocinio do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Neste sentido, desenvolveranse charlas, faladoiros, mesas redondas, presentacións, talleres e obradoiros e tamén exposicións. Todo concentrado en tres xornadas co obxectivo de que a cidadanía interesada poida acudir ata completar aforo a un espazo privilexiado.
Como actividade externa, baixo o título “Bit a Bit. A evolución dos videoxogos”, entre o martes 7 e o venres 10 de outubro desenvolverase un taller para centros escolares durante as mañás e talleres familiares e exposición durante as tardes no Espazo Anexo do MARCO. Trátase dunha exposición sobre videoxogos centrados nos 16 e nos 32 bits, as consolas que moldearon esas xeracións e talleres guiados, así como a oportunidade de poder coñecer e xogar os videoxogos retro desa época.
Enlace: Programa das Xornadas e mais cartel anunciador.
Enlace: Web das Xornadas.
O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.
ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Os Diálogos do Volter son unha idea orixinal da Fundación Carlos Casares, cunha proposta aberta para a cidadanía de Ourense, que aborda aspectos da cultura, a económica e a política do tempo no que vivimos. O acto terá como convidado a Javier Moreno Luzón, catedrático de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos da Univesidad Complutense de Madrid, UCM, e subdirector xeral do CENTRO DE ESTUDIOS POLÍTICOS Y CONSTITUCIONALES de 2004 a 2008. É un especialista nas Monarquías constitucionais, e o seu último libro, El rey patriota. Alfonso XIII y la nación, mereceu as mellores críticas desde a súa publicación, así como o Premio Nacional de Historia 2024, outorgado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
Moreno Luzón abordará o tema: “Como sobreviven as monarquías: o caso español en perspectiva comparada“, e dialogará con Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC, moderando o diálogo Serxio María Rodríguez Álvarez, profesor de Ciencia Política da UVigo, Campus de Ourense e director destes diálogos.

















