Premio de microrrelato para o alumnado de ensinanza post-obrigatoria de Ensinanza de Grao Medio e Superior da provincia de Ourense.
Enlace: Bases do Premio Literario “Carlos Casares” de Microrrelato
O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.
ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Os Diálogos do Volter son unha idea orixinal da Fundación Carlos Casares, cunha proposta aberta para a cidadanía de Ourense, que aborda aspectos da cultura, a económica e a política do tempo no que vivimos. O acto terá como convidado a Javier Moreno Luzón, catedrático de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos da Univesidad Complutense de Madrid, UCM, e subdirector xeral do CENTRO DE ESTUDIOS POLÍTICOS Y CONSTITUCIONALES de 2004 a 2008. É un especialista nas Monarquías constitucionais, e o seu último libro, El rey patriota. Alfonso XIII y la nación, mereceu as mellores críticas desde a súa publicación, así como o Premio Nacional de Historia 2024, outorgado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
Moreno Luzón abordará o tema: “Como sobreviven as monarquías: o caso español en perspectiva comparada“, e dialogará con Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC, moderando o diálogo Serxio María Rodríguez Álvarez, profesor de Ciencia Política da UVigo, Campus de Ourense e director destes diálogos.
O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.
ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)
ENLACE: Información accesible
















