Category

Área de Diálogo Intercultural

Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Noticias

Creatividade, orixinalidade e galego en forma de videoxogo. Resultados da “Game Jam” sobre “Un polbo xigante”

Na procura de novas formas de creación cultural na mocidade e xuventude, e co obxectivo posto na dinamización da lingua galega en novos eidos e perspectivas, a Fundación Carlos Casares organizou do 5 ao 12 de decembro unha Game Jam, patrocinada pola Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña, cuxo tema foi o universo narrativo…

Continue reading
Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Diálogos Literarios

A Fundación Carlos Casares une literatura e música en Betanzos con “Coordenadas”

Este ano dividimos o “Coordenadas” (Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares) en dúas partes, co gallo de acadar máis territorio, más xente, e consolidar a súa vocación nómada. Así, despois da primeira parte celebrada no marco da SELIC, o pasado 7 de outubro, coa estrea do videoensaio dedicado á poeta Luz Pichel, ímonos a Betanzos o 23 de decembro. A…

Continue reading
Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Cultura e Sociedade

A Fundación Carlos Casares na mellora da accesibilidade cultural

O museo de Serralves e a Fundação da Associação de Empresarios de Portugal (FAEP) acolleron durante os pasados días 15 e 16 de decembro unha reunión transnacional do proxecto europeo Erasmus+ “ALLURE” (Alfabetización Liberadora: accesibilidade Universal en Recursos culturais para a Educación permanente), da que forma parte a Fundación Carlos Casares. O proxecto, composto por un equipo de profesionais multidisciplinares…

Continue reading
Actividades, Diálogos Literarios, Noticias

Publicados os videoensaios en homenaxe a Bieito Iglesias e Helena Villar Janeiro

A Fundación Carlos Casares desenvolve, dende o ano 2021, o proxecto “Coordenadas”, un diálogo entre a literatura e as artes, coa intención de provocar sinerxías creativas accesibles a través de todos os sentidos. Nesta actividade danse cita escritores, músicos, actores e actrices, pintores e realizadores, galegos e foráneos, para mostrar a súa obra e cruzar experiencias. En cada edición homenaxeamos,…

Continue reading
Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Noticias

Suecia e Noruega acollen a exposición “Galicia escandinava”

O día 11 de outubro quedou aberta a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do oeste a Santiago de Compostela”, na biblioteca de Humanidades da Universidade de Oslo (HumSam-Biblioteket, UBO-UiO), onde se poderá visitar ata o día 9 de novembro. Chega despois da súa itinerancia no Instituto Cervantes de Estocolmo (Suecia), onde estivo exposta durante o mes de setembro. En Oslo…

Continue reading
Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Exposicións

Preséntanse as II Xornadas “Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación das II Xornadas “Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”, organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración do Museo do Videoxogo de Cangas (MUVI), de Polygon-e Studios e tamén co apoio da Fundación MARCO. O evento terá lugar os días 11 e 12 de…

Continue reading