Retrato de Carlos Casares universitario
En 1967 Galaxia publica o primeiro libro de Casares, composto por relatos marcados pola experimentación e a violencia. Membro activo do ADE (Asociación Democrática de Estudiantes), organiza o concerto de Raimon en Santiago de Compostela, e traduce, xunto con Salvador García Bodaño a letra das cancións ao galego. É detido, xunto co profesor José L. López Aranguren, sen maiores consecuencias.