O Foro, nas súas dúas edicións de 2009 e 2010, abordou a crecente internacionalización de actividades ou negocios de valor engadido nacidas en cidades periféricas, poñendo o foco nas diversas estratexias seguidas para visibilizar e potenciar ideas orixinais inicialmente apoiadas por unha base local.
Dirixiuse a persoas interesadas no fomento empresarial local e o desenvolvemento rexional: empresarios e técnicos de empresa, futuros emprendedores, profesionais do mundo da cultura (fundacións, galerismo, audiovisual, música e artes escénicas), estudantes graduados e posgraduados.
|
Programa do I Foro Galicia Internacional “Estratexias de difusión global dende a periferia” |
César Antonio Molina. “A renovación do Instituto Cervantes” | |
Jorge González Gurriarán. “A estratexia dos clústers na dinamización local” | |
Alessandro Martinez. “A experiencia do Premio Europa per il Teatro” | |
María José Domínguez Fernández, Antón Seoane, Xosé María Fonseca Moretón e Carlos Carballo Varela. “Estratexias de difusión global dende a periferia” |
|
Programa do II Foro Galicia Internacional “Estratexias de promoción cultural” (22-23 de novembro e 16 de decembro de 2010) |
Antonio González Padrón. “As fundacións como foco de promoción cultural” | |
Stewart Collins. “A experiencia dos festivais como modelo de promoción cultural” | |
Agustín Pérez Rubio. “A promoción cultural dende a óptica do museo global. A nova experiencia do MUSAC” |