> Encontros de Mondariz-Balneario

Encontros de Mondariz-Balneario

Os ‘Encontros de Mondariz-Balneario’, reunión de carácter anual celebrada na localidade pontevedresa de Mondariz-Balneario durante unhas xornadas do terceiro trimestre do ano, nas instalacións do Hotel Balneario de Mondariz, naceron inspirados no talante aberto e dialogante de Carlos Casares, cuxo legado literario, cultural e cívico quere preservar e difundir a Fundación que leva o seu nome. Así, os Encontros téñense consolidado como unha contribución dende Galicia aos debates de actualidade internacional, a prol do intercambio intelectual e o enriquecemento da relación entre o noso país e o mundo, coa pretensión de se converteren nun foro de debate estable para, desde Galicia, proceder ao intercambio de opinións sobre cuestións fundamentais do mundo contemporáneo.

I Encontros de Mondariz-Balneario


Programa dos I Encontros de Mondariz-Balneario "Culturas, civilizacións e sociedade global", que tivo lugar do 22 ao 26 de setembro de 2003.

Fdez_MartínMuñoz_Villalaín

Gema Martín Muñoz
"Islamismo e secularización"


II Encontros Mondariz-Balneario


Programa dos II Encontros de Mondariz-Balneario "O goberno do mundo. Presente e perspectivas do estado nacional" (21 a 23 de setembro de 2004).


III ENCONTROS MONDARIZ-BALNEARIO
Programa dos III Encontros de Mondariz-Balneario "Conflitos bélicos e violencia no novo século" (2005)


Programa dos IV Encontros de Mondariz-Balneario "Conflictos bélicos e violencia no novo século" (19, 20 e 21 de setembro de 2006)


V Encontros Mondariz-Balneario

Programa dos V Encontros de Mondariz-Balneario "Perspectivas sobre América Latina" (25, 26 e 27 de setembro de 2007)

Programa dos VI Encontros de Mondariz-Balneario "América Latina e o futuro" (23, 24 e 25 de setembro de 2008)


Programa dos VII Encontros de Mondariz-Balneario "O César e Deus. Relixión, laicidade e espazos públicos" (20, 21 e 22 de outubro de 2009)


Programa dos VIII Encontros de Mondariz-Balneario "Crise de sistema. Novos paradigmas?" (19, 20 e 21 de outubro de 2010)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *