When:
24 Agosto, 2021 @ 6:30 PM – 7:30 PM
2021-08-24T18:30:00+02:00
2021-08-24T19:30:00+02:00
Where:
Instituo Cervantes de Estocolmo
Bryggargatan 12A 111 21 Stockholm
Cost:
Free
Contact:
08-440 17 60 Fax: 08-21 04 31

 

A relación de Carlos Casares con Suecia comeza en 1972 nun tren camiño de Santiago de Compostela, onde coñece unha moza sueca, Kristina Berg, natural de Halmstad (Halland), que se dirixía dende Bilbao cara á Coruña para ocupar o seu posto de radiotelegrafista nun buque que estaba para zarpar cara a América. Casaron dous meses despois deste encontro e ese verán xa o pasaron xuntos en Suecia.

Comeza aí unha das encrucilladas que modelaron a vida de Casares. Un dos seus efectos, quizais o máis decisivo, foi o descubrimento e a progresiva identificación coa socialdemocracia sueca, abandoando o castrismo de corte sociocristián que caracterizaba ata entón o seu pensamento e os seus escritos. Dende entón, meses de verán e parte das festas de Nadal foron tempos de lecer que pasou na contorna familiar de Halmstad. Estancias, excursións, amizades, lecturas e escritos sobre o seu país de adopción, definiron gran parte da súa vida e deixaron pegada na súa obra.