When:
17 Xuño, 2022 – 18 Xuño, 2022 all-day
2022-06-17T00:00:00+02:00
2022-06-19T00:00:00+02:00
Where:
Auditorio do Museo das Peregrinacións
Pza das Praterías
2
Santiago de Compostela
Cost:
Free

QUE É?

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial. Este ano búscase establecer un diálogo entre a literatura, a música, a arte urbana e as homenaxes a escritores e escritoras galegas, nunha edición con moitas sorpresas.

COORDENADAS é posible en especial grazas ao Concello de Santiago de Compostela, co seu apoio ao proxecto dende o primeiro momento. Tamén da Xunta de Galicia e, por suposto, á SELIC – Semana do Libro de Compostela, que, coa súa xenerosidade, permitiu que o evento teña lugar nun marco tan acaído para a ocasión. Vexa aquí o programa desta edición.

INFORMACIÓN

Datas: 17 e 18 de xuño de 2022.
Lugar: Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza de Praterías, 2) e tamén na Praza do Toural.