Cidade da Cultura de Galicia
Coordenadas é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.
A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial.
A entrada é libre e gratuíta, pero se recomenda que remitan un correo para reservar praza para manter as condicións de distanciamento social axeitado. A actividade tamén poderá seguirse por streaming na páxina do evento.
O evento é posible grazas á Xunta de Galicia, a Gaiás Cidade da Cultura e en especial ao Concello de Santiago de Compostela.