When:
6 Novembro, 2025 @ 7:30 PM – 8:45 PM
2025-11-06T19:30:00+01:00
2025-11-06T20:45:00+01:00
Where:
Salón de Actos do Liceo de Ourense
Rúa Valentín Lamas Carvajal
5
Cost:
Free

 

Os Diálogos do Volter son unha idea orixinal da Fundación Carlos Casares, cunha proposta aberta para a cidadanía de Ourense, que aborda aspectos da cultura, a económica e a política do tempo no que vivimos. O acto terá como convidado a Javier Moreno Luzón, catedrático de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos da Univesidad Complutense de Madrid, UCM, e subdirector xeral do CENTRO DE ESTUDIOS POLÍTICOS Y CONSTITUCIONALES de 2004 a 2008. É un especialista nas Monarquías constitucionais, e o seu último libro, El rey patriota. Alfonso XIII y la nación, mereceu as mellores críticas desde a súa publicación, así como o Premio Nacional de Historia 2024, outorgado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.

Moreno Luzón abordará o tema: “Como sobreviven as monarquías: o caso español en perspectiva comparada“, e dialogará con Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC, moderando o diálogo Serxio María Rodríguez Álvarez, profesor de Ciencia Política da UVigo, Campus de Ourense e director destes diálogos.