Rúa Valentín Lamas Carvajal
5
Volver as Conversas da Fundación Carlos Casares a Ourense. Baixo o título de Diálogos do Volter, a primeira conversa xirará ao redor do contexto histórico de Ucraína antes da guerra que está a vivir actualmente. Presentado e moderado por Serxio María Rodríguez Álvarez, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Vigo, o relator convidado será Xosé Manuel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea na USC, que falará de “Ucraína: as guerras da memoria antes da guerra”.
A actividade, organizada pola Fundación Carlos Casares e o Liceo de Ourense, está patrocinado pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Ourense.