Calle de Paio Gómez Chariño
6
36002
O XIV Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) desenvolveu por oitavo ano consecutivo o taller de creación “Celanova: plató de ficción”, no que un grupo formado por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo desenvolve no marco temporal do Curso de Extensión Universitaria un produto audiovisual concreto. Neste caso, unha “road movie” galega rodada no Val Miñor cunha historia dramática de amizade e sacrificio.
O taller está dirixido polo profesor Paulino Pérez Feijoo, profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. O taller está patrocinado e conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e a Universidade de Vigo, AGADIC, GM ProVideo, a ESAD de Vigo e a Fundación Carlos Casares.
Enlaces: Noticia da estrea no DUVI
Material adicional: Dossier da curtametraxe “Van”
Cartel e postais da curtametraxe: Postal de “Van” e outra.