When:
1 Marzo, 2017 – 14 Marzo, 2017 all-day
2017-03-01T00:00:00+01:00
2017-03-15T00:00:00+01:00
Where:
CEIP Porto Cabeiro
ESTRADA DE PORTO-CABEIRO
5. BARRIO MILLARADA
36815 (REDONDELA)
Cost:
Free
Contact:

banderola_bInicialmente a exposición sobre a colección da obra O Principiño estaba incluída na exposición de maior tamaño titulada “Os mundos de Carlos Casares”. A súa magnitude e importancia supuxeron a súa separación noutra chamada “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

“O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares” é unha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Así mesmo, a exposición consta tamén de 4 paneis informativos de 2,20 m de alto, 1 tótem introdutorio e unha bandeirola. Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.