Rúa do Pan
s/n (3º andar)
A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.
Horario de apertura para a visita e espazo de itinerancia:
- Luns a sábado de 17 a 21 horas (agás festivos)
- Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n – 3º).
Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”