Rúa Julia Pardo Montenegro
13
A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorrerá cinco concellos galegos do Camiño de Santiago, na súa primeira xeira, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.
Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”