Avda. de Ourense
184
32630 - Xinzo de Limia
O vindeiro martes 25 de maio, o alumnado dos centros de Xinzo de Limia terán a ocasión de escoitar ao debuxante Cristian Fojón Caruncho (1997, A Coruña), gañador, entre outros varios premios, do concurso de Banda Deseñada da Mariña (2011) , do concurso Concurso Curuxa Nova convocado polo Museo do Humor de Fene (2016) e en 2020 do premio Carlos Casares – Kristina Berg ao Talento Activo, dotado con 10.000€, pola calidade e valores dunha promesa galega emerxente.
Ademais do faladoiro, no que Cristian desenvolverá a súa experiencia e técnicas creativas, o alumnado poderá contemplar parte da súa obra en formato exposición. Esta mostra xa estivo en lugares como no Museo Ortegalia ou no Museo Municipal de Ourense.