When:
22 Febreiro, 2017 all-day
2017-02-22T00:00:00+01:00
2017-02-23T00:00:00+01:00
Where:
IES de Rodeira
Avda. de Ourense
s/n (36940 - Cangas)

Dentro das actividades que desenvolve o Club de Lectura da biblioteca do IES de Rodeira (Cangas), coordinado por María Xosé Jiménez, está a lectura de Vento ferido, de Carlos Casares. Co gallo desta actividade, a Fundación Carlos Casares estará presente nun faladoiro no que se tratará o tema do libro, o autor, e a súa experiencia vital en Cangas e no dito instituto, do cal foi profesor. Sortearanse tamén algúns exemplares da mediametraxe Vento ferido, realizada no taller do CeMAC durante o ano 2015.