When:
17 Novembro, 2020 – 4 Decembro, 2020 all-day
2020-11-17T00:00:00+01:00
2020-12-05T00:00:00+01:00
Cost:
Free

No marco das II Xornadas “Videoxogo e Literatura”, a Fundación Carlos Casares vén de lanzar unha Game Jam na que pode apuntarse todo o mundo que desexe deseñar un videoxogo baseado nunha das obras de Carlos Casares.

Unha “Game Jam” é un evento de maratón onde, nun período de tempo pechado, ten que desenvolverse un videoxogo sobre un tema específico que se revela no momento de empezar o período de deseño. O período para apuntarse á Game Jam remata o día 4 de decembro ás 23.59 horas, e o período de deseño durará 4 días, do 1 ao 4 de decembro.

Poden participar equipos formados de 1 a 3 persoas e o videoxogo pode presentarse en calquera idioma, aínda que é obrigatorio que teña unha opción de idioma en lingua galega. A actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Xinzo de Limia e a Xunta de Galicia. O tema concreto da Game Jam revelarase o día 1 de decembro.

A Fundación Carlos Casares establece un primeiro premio de 500€ e un segundo premio de 300€ para os equipos que, segundo o xurado da competición, acaden as mellores puntuacións en aspectos clave como xogabilidade, narrativa, adaptación do xogo ao tema proposto, orixinalidade, etc.

ENLACES: