Rúa de Joaquín Loriga
9
Este 21 de novembro ás 20 horas, o Espazo MUTA acollerá unha noite máxica onde a literatura de Carlos Casares cobrará nova vida a través da interpretación da alumna da ESAD Galicia, Sophia Fernández Ronaldo e da actriz Mariana Carballal.
A música será o fío condutor desta segunda sesión de “MutaCións: Alén da Norma”, co dúo Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz), reinterprentando melodías tradicionais galegas cun toque contemporáneo. Tamén estarán no evento Bea Míguez Beutxi e Franc Gorriz, que presentarán en conxunto unha experimentación de voz e percusión creada especialmente para a ocasión.
O evento complementarase con viños da adega Alvaredos-Hobbs da Ribeira Sacra, xunto con petiscos para o público asistente, que completarán esta celebración dos sentidos.
“MUTACIÓNS: Alén da Norma” recibe a axuda das adegas participantes, así como da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia.