Exposición que ten como obxectivo celebrar a vida e obra do escritor ourensán (1941-2002) na clave dun percorrido polo espazo e polo tempo, construíndo, en palabras do propio escritor, un mapa emocional, debuxar un territorio e contar a historia, centrándose nos detalles.
Presenta diferentes marcos nos que se desenvolve a relación de Casares co mundo, nunha sucesión de etapas simbólicas que explican cuestión fundamentais sobre a vida, a produción literaria e o seu compromiso co país. Cinco paisaxes metafóricas permeables grazas a unha coidada e novidosa montaxe modular, fundamentada na transparencia para activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas.
O traxecto devolve unha imaxe que aspira ser completada polo público, nunha viaxe de ida e volta, recuperando unha nova visión do escritor e dos seus lugares, que aspira a conectar coas xeracións máis novas.
Comisariado por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez Domínguez.