Add to Calendar
When:
10 Maio, 2017 @ 5:00 PM – 6:00 PM
2017-05-10T17:00:00+02:00
2017-05-10T18:00:00+02:00
Where:
Teo
A Fundación Carlos Casares, a Xunta de Galicia e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran para conmemorar o Día das Letras Galegas desde o ámbito socioeconómico. Fano por medio dunha campaña de difusión da efeméride e da figura do autor ourensán Carlos Casares, a quen este ano a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas. Medio milleiro de carteis e algo máis de 2 millóns de bolsas estarán presentes para axudar a difundir a tan prolífico axente literario e cultural neste ano 2017.