When:
21 Febreiro, 2017 @ 11:30 AM – 12:30 PM
2017-02-21T11:30:00+01:00
2017-02-21T12:30:00+01:00
Where:
CEIP Carlos Casares (Nigrán)

O vindeiro martes, organizado polo CEIP Carlos Casares de Nigrán e mais a Real Academia Galega, a Fundación Carlos Casares estará presente no acto que, baixo o nome “A primavera das letras: Carlos Casares”, homenaxeará ao escritor ourensán.

O acto, presidido pola directora do centro, Ana María Domínguez Santomé, contará coa presenza de Juan González, alcalde de Nigrán; Henrique Monteagudo (secretario da RAG), que presentará o proxecto; Vanesa Vargas, do Equipo de Dinamización Lingüística do centro; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; e Hakan Casares en representación da Fundación Carlos Casares.

Coincidindo coa exposición de “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”, o alumnado do centro procederá a ler fragmentos da obra de Saint-Exupéry en francés e galego.