Rúa do Hórreo
63
15702 Santiago de Compostela
O Parlamento de Galicia presentará o libro Carlos Casares no Parlamento de Galicia, un pequeno volume no que se recollen as actuacións do escritor ourensán na súa faceta de político durante a I Lexislatura da institución. No acto, que se desenvolverá na sede do Parlamento, estarán presentes o presidente da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira, e contará coa intervención de Miguel Barros Puente (deputado e compañeiro de Casares na I Lexislatura), Henrique Monteagudo (secretario da Real Academia Galega e autor do estudo introdutorio do libro); e Hakan Casares en representación da Fundación Carlos Casares.