Rúa Valentín Lamas Carbajal
5. Ourense
A inaguración oficial do roteiro literario de Carlos Casares en Ourense constará dun acto formal no Salón Noble do Liceo de Ourense, ás 11:45 horas, onde se entregará material informativo impreso; e do inicio do percorrido dende o parque de San Lázaro, ás 12:30 horas, durante o cal se visitarán as dez primeiras placas.
O roteiro literario de Carlos Casares en Ourense foi deseñado polo profesor Afonso Vázquez-Monxardín. Colaborou na tarefa a Fundación Carlos Casares e foi financiado polo Concello de Ourense e máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Consta de vinte etapas marcadas por outras tantas placas de cerámica, colocadas nos puntos históricos relacionados co perpiplo vital e literario do escritor. Delas, dezaoito están no núcleo urbano e dous sitúanse fóra, un en Castro de Beiro e outro no Seminario Menor.
Este roteiro súmase ao xa existente de A esmorga, baseado na famosa obra de Eduardo Blanco Amor, gran amigo de Carlos Casares, incrementando a oferta cultural da Cidade das Burgas. Un chanzo máis na tarefa de consagrar a Ourense como unha das grandes cidades literarias do norieste peninsular.