Rúa Príncipe
54 (Vigo)
As V Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal son unha das actividades anuais da Fundación Carlos Casares, que pretende, neste caso, abordar o sector cultural do lecer interactivo cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.
As charlas terán lugar no auditoiro os días 28 e 30 de setembro, e o venres 29 na galería do primeiro andar do museo. Como homenaxe especial, esta quinta edición contará co concerto de Elesky no cine Salesianos o venres 29 de setembro, con entrada tamén de balde ata completar aforo.
A entrada é de balde. É recomendable, en termos de aforo, que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das Xornadas: www.videoxogoeliteratura.gal