Rúa do Príncipe
54 (36202 - Vigo)

Iniciada en 2019, o evento pretende analizar o universo do lecer interactivo dende unha perspectiva diferente e alternativa, pero dándolle protagonismo á industria do videoxogo como un sector de gran potencialidade para a cultura en Galicia. O evento está organizado pola Fundación Carlos Casares en colaboración co MARCO e grazas ao patrocinio do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Neste sentido, desenvolveranse charlas, faladoiros, mesas redondas, presentacións, talleres e obradoiros e tamén exposicións. Todo concentrado en tres xornadas co obxectivo de que a cidadanía interesada poida acudir ata completar aforo a un espazo privilexiado.
Como actividade externa, baixo o título “Bit a Bit. A evolución dos videoxogos”, entre o martes 7 e o venres 10 de outubro desenvolverase un taller para centros escolares durante as mañás e talleres familiares e exposición durante as tardes no Espazo Anexo do MARCO. Trátase dunha exposición sobre videoxogos centrados nos 16 e nos 32 bits, as consolas que moldearon esas xeracións e talleres guiados, así como a oportunidade de poder coñecer e xogar os videoxogos retro desa época.
Enlace: Programa das Xornadas e mais cartel anunciador.
Enlace: Web das Xornadas.
















