Praza da Princesa
2
Segunda das xornadas organizadas pola Real Academia Galega e a Fundación Carlos Casares, nesta ocasión na cidade de Vigo e coa faceta de editor do homenaxeado nas Letras Galegas 2017 como tema principal.
Tras a inauguración, a cargo do presidente da fundación, Xavier Casares Mouriño, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes daráse inicio á Xornada. A primeira sesión será unha mesa moderada por María Xosé Porteiro e a cargo de Manuel Bragado (que falará sobre a experiencia da Biblioteca 120); Xosé Manuel Soutullo (que falará sobre a dirección de Casares en Galaxia); e Francisco Xavier Senín (que tratará o tema da edición infantil e xuvenil en Casares).
A segunda sesión da tarde será desenvolvida por Xesús Alonso Montero, quen falará da etapa marxista e guevarista de Carlos Casares no segundo lustro da década de 1960.