When:
25 Abril, 2024 all-day
2024-04-25T00:00:00+02:00
2024-04-26T00:00:00+02:00

A Fundación Carlos Casares ten este ano o compromiso de recuperar a figura senlleira de Domingo García-Sabell en Santiago de Compostela, onde tivo o seu berce. Cumprido xa o 20º cabodano, unha efeméride que pasou inxustamente desapercibida, queremos botar algo de luz á súa figura. A xornada comezará ás 12:30 horas no cemiterio de Boisaca cunha ofrenda floral e unha breve lectura de textos do autor. Continuará ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega, nunha sala posta á nosa disposición, cunha mesa redonda na que participarán Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral e Darío Villanueva, que será moderada por Serxio María Rodríguez Álvarez. A recepción dos asistentes comezará quince minutos antes, á 18:45 horas, para facilitar a súa acomodación e iniciar o acto á hora exacta.