Campus de la Cartuja
Universidad de Granada, Calle del Prof. Clavera, s/n
18011 Granada
O Centro de Estudos Galegos é froito dun convenio asinado en 1998 entre a Universidad de Granada e la Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Naceu co propósito de estudar e divulgar o universo cultural de Galicia e establecer lazos de unión entre as culturas andaluza e galega. Durante este tempo, impartíronse conferencias sobre lingua, literatura, música, arte, así como conciertos e exposicións fotográficas. Coas XX Xornadas de Cultura Galega, el Centro de Estudos Galegos quere dar a coñecer á Universidade de Granada e ao público en xeral as últimas investigacións en lingüística galega, así como a figura do homenaxeado este ano coas Letras Galegas 2017.
A tal fin, nas xornadas participarán Anxo Tarrío (“Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares”); Armando Requeixo (“Carlos Casares: textos e contextos”); Eduardo Lopez Pereira (“Carlos Casares, humanista e tradutor”); e Luis Alonso Girgado (“A narrativa de Carlos Casares. Tres referencias”).