Rúa Valentín Lamas Carvajal
5
Organizado pola Sección de Literatura do Liceo de Ourense e a vicerreitoría do Campus de Ourense da UVigo, xunto coa colaboración da Fundación Carlos Casares, os XXVI Encontros Literarios Carlos Casares reúnen a tres expertos e obra e creación literaria durante os días 24, 26 e 31 de xaneiro de 2017 ás 19.30 horas.
O martes 24 de xaneiro celebrarase a primeira sesión, conducida por Elisa Vázquez de Gey, docente, licenciada en Filoloxía Románica pola USC, e escritora de varios poemarios, de biografías como Anita Delgado, Maharaní de Kapurthala (1998) e de narrativa como Una casa en Amargura (2015).
O xoves 26 de xaneiro terá lugar a segunda sesión, con Pedro Feijoo Barreiro como protagonista, licenciado en Filoloxía Galega pola USC. Iniciouse na escrita co ensaio Cousas do “Galicia” de Castelao (1997), pero revélase como novelista con Os fillos do mar (2012) e Memorias da choiva (2013). Do 2015 é a súa últma creción Morena, perigosa e romántica.
O martes 31 de xaneiro falará Manuel Núñez Singala, que realizou estudos de Filoloxía Galega e traballou como lingüísta no Parlamento e na Xunta de Galicia, así como o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Ten obra teatral (Comedia bífida de 2007) pero é na narrativa no que se asenta actualmente (Instrucións para tomar o café de 2014, ou Camiños na auga, de 2016).