Exposición escolar “Os mundos de Carlos Casares”

 

A exposición escolar ‘Os mundos de Carlos Casares’ está composta por unha serie de paneis pendurables, explicativos da vida e obra de Carlos Casares, compostos por abundantes fotografías e textos divulgativos ben axeitados á idade escolar, nos que de xeito sintético se recolle o máis esencial do seu percorrido biográfico, dende o seu labor como escritor e editor até as súas actividades na vida política e cultural de Galicia.

Destinada a dar a coñecer ao autor como apoio didáctico aos materiais escolares cos que se traballa nas aulas, a mostra de paneis pode complementarse con outros materiais que se insiren a xeito de módulos temáticos independentes, como a colección de exemplares d’O Principiño de Saint-Exupêry en edicións de todo o mundo, o módulo adicado á obra de teatro infantil As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, do propio Casares, ou o adicado á súa ampla faceta de escritor e editor de literatura infantil e xuvenil en galego –traducida na súa meirande parte a outras linguas–, á que sempre prestou especial atención.

Deseñada para a súa exhibición en colexios de educación infantil, primaria e secundaria, a Exposición Escolar ‘Os mundos de Carlos Casares’ é cedida pola Fundación Carlos Casares en réxime de empréstimo temporal a institucións de ensino e outras interesadas. A súa doada montaxe e limitado espazo preciso facilitan adaptala a calquera lugar no que se queira amosar.

Os centros que esta mostra xa visitou deica o presente foron:

– CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).

– IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

– CEIP Nazaret (Cangas do Morrazo).

– IES Carlos Casares de Vigo.

– CEIP Carlos Casares de Nigrán.

Håkan Casares Berg, fillo de Carlos Casares, ilustra cunha charla na aula a montaxe da exposición

charla-hakan-nas-aulas.jpg

 

 Algúns dos traballos escolares encol de Carlos Casares que acompañaron a exposición no CEIP Nazareth (Cangas do Morrazo):

 

r0011567.jpg

r0011566.jpg

r0011565.jpg

r0011564.jpg

r0011563.jpg

r0011561.jpg

r0011560.jpg

r0011559.jpg

r0011558.jpg

r0011557.jpg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *