I Encontro de Sociolingüística Galega

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2005
Salón de actos do Consello da Cultura Galega

Presentación
A produción de coñecemento sociolingüístico en Galicia foise pouco e pouco configurando como un espazo intelectual de seu, con presenza nas tres universidades galegas a través de grupos de investigación, actividades e docencia, e con froitos investigadores diversos.

A finalidade deste Encontro é establecer un foro de debate e de intercambio, con vocación de permanencia, entre aqueles investigadores, docentes e especialistas provenientes dos diversos ámbitos de coñecemento relacionados co estudo da linguaxe e as linguas en contexto: lingüística aplicada, psicoloxía social, pedagoxía, comunicación, xornalismo, lingüística, filoloxía, política, etc.

Contidos
Os contidos do Encontro están estruturados arredor dos seguintes aspectos:

– Contextualización histórica da Sociolingüística galega
-Análise das perspectivas teórico-metodolóxicas, das liñas de investigación e dos temas contemplados na sociolingüística galega deica a actualidade.
– Exploración dos novos temas e das novas liñas de investigación que se poden poñer en marcha cara ao futuro.
– Revisión dos contidos de carácter sociolingüístico presentes nas materias e nos materiais do ensino secundario, con especial atención aos contidos vinculados co contacto galego-castelán.
-Revisión da docencia actual de sociolingüística na universidade e as perspectivas ante as novas situacións.
– Repaso polas infraestruturas existentes para producir investigación e coñecemento sociolingüístico en Galicia (organismos, centros de estudo e de investigación, grupos de traballo, revistas e boletíns, utilización de internet, etc.).

PROGRAMA:

9.00 horas: Acto de apertura

10.00: Relatorio de Mauro A. Fernández
Debate

11.30: Pausa – café

12.00: Relatorios de Henrique Monteagudo e de Gabriel Rei-Doval
Debate

16.30: Relatorio de Modesto Rodríguez Neira e de Fernando Ramallo.
Debate

18.30: Debate aberto para a proposta de conclusións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *