MEDIATECA

A Fundación Carlos Casares leva desenvolvendo dende o ano 2002 unha moi extensa e diversa actividade cultural e social. A celebración destes encontros e faladoiros xerou gran cantidade de documentos en formato sonoro e audiovisual. É intención da entidade abrir esta sección web na que dixitalizar e publicar de xeito paulatino o gran número de intervencións de interese para a cultura e a sociedade de Galicia en actividades pasadas da entidade.

DIÁLOGOS LITERARIOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Encontro anual de escritores representativos das culturas galega e ibéricas con outras de ámbito internacional, co fin de analizar conxuntamente diversos aspectos relacionados coa literatura, o libro e as industrias culturais.

CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA

Curso de verán da UVigo no que se aborda o mundo do audiovisual e a súa relación coa cultura. É o máis importante da comunidade tanto polo número de participantes como pola calidade e diversidade dos mesmos.

ENCONTROS DE MONDARIZ-BALNEARIO

Xornadas anuais no Balneario de Mondariz nas que se reflexionou sobre asuntos de actualidade sociopolítica e interese global, coa participación de personalidades e líderes de opinión nacional e internacional de diferentes ideoloxías.

Xornadas "Luces e sombras do Proxecto Ilustrado en España"

XORNADAS "LUCES E SOMBRAS DO PROXECTO ILUSTRADO EN ESPAÑA"

Xornadas celebradas en 2009 e 2010 en Ferrol e na Coruña, nas que se avaliou a coherencia do programa reformista da Ilustración en España, e a súa relación coas cidades ilustradas galegas.

Foro "Galicia Internacional"

FORO "GALICIA INTERNACIONAL"

Foro no que se abordou a internacionalización de actividades e negocios de valor engadido (industrias culturais), poñendo o foco de atención nas diversas estratexias seguidas para visibilizar e potenciar ideas apoiadas inicialmente por unha base local.