RECURSOS DIDÁCTICOS

Accede a varios recursos propios e alleos sobre a figura e a obra de Carlos Casares.

des_casares.jpgAcerca do autor

Carlos Casares

A Fundación naceu en 2002 animada polo espírito que inspirou a vida e a obra de Carlos Casares, sendo a súa pretensión constituírse nunha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura galegas.

Cronoloxía de Carlos Casares
Actividades, Diálogos Literarios, Noticias

Publicados os videoensaios en homenaxe a Bieito Iglesias e Helena Villar Janeiro

A Fundación Carlos Casares desenvolve, dende o ano 2021, o proxecto “Coordenadas”, un diálogo entre a literatura e as artes, coa intención de provocar sinerxías creativas accesibles a través de todos os sentidos. Nesta actividade danse cita escritores, músicos, actores e actrices, pintores e realizadores, galegos e foráneos, para mostrar a súa obra e cruzar experiencias. En cada edición homenaxeamos,…

Continue reading
Actividades, CeMAC, Noticias

O audiovisual galego baixo o bisturí dos seus protagonistas no CeMAC 2022

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, e coa colaboración do AGADIC, promove o XVIII Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2022) Cinema no bisturí. Deconstruíndo o audiovisual galego actual, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaoito anos co curso Cine e literatura. Casares e…

Continue reading
Actividades

A clase maxistral de cómic polo artista Cristian F. Caruncho que apaixona ao alumnado de Xinzo

O pasado 4 de maio celebrouse, dentro do programa de actividades anuais que a Fundación Carlos Casares realiza en Xinzo de Limia, a Master Class de cómic de Cristian Fojón Caruncho no IES Lagoa de Antela. Foi organizada, xunto co profesorado de Plástica do centro, para unha vintena de alumnos e alumnas da materia nos seus distintos niveis. Durante algo…

Continue reading
Noticias

Actos do 20 cabodano de Carlos Casares

O martes, día 8 de marzo, abrimos no Liceo de Ourense a xeira «20 anos sen Carlos Casares». Unha hora ao redor do teatro, a literatura e a cultura nestes vinte anos sen a presenza do escritor ourensán. Contamos cuns invitados de excepción, amigos e amigas que acudiron ao noso chamado: o escritor Xosé Carlos Caneiro, a actriz Mariana Carballal, a…

Continue reading
Noticias

O fotógrafo Brais Lorenzo gaña o II Premio Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo

Onte luns, día 20, fallouse, na sala de xuntas do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, a segunda edición do “Premio Carlos Casares – Kristina Berg” ao talento activo organizado pola Fundación Carlos Casares en colaboración coa Deputación de Ourense. O premio recoñece o talento emerxente dunha persoa moza menor de 36 anos en calquera eido de coñecemento…

Continue reading