POLÍTICA DE PRIVACIDADE DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES
1.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:
– A súa denominación social é FUNDACIÓN CARLOS CASARES
– O seu CIF é G36907244
– O seu teléfono de contacto é 986.225.785
– O seu domicilio localízase en R/Oporto 1, 1º, 36201 VIGO (Pontevedra)
– Está inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 2002/13
– E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto: info@fundacioncarloscasares.org
2.- Así mesmo, FUNDACIÓN CARLOS CASARES adoitou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve, conforme ós datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.
3.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES implantou tódalas medidas técnicas ó seu alcance para garanti-la confidencialidade integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina web www.fundacioncarloscasares.org
4.- A información obtida por FUNDACIÓNCARLOS CASARES dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.fundacioncarloscasares.org, será rexistrada nun ficheiro automatizado, propiedade de FUNDACIÓNCARLOS CASARES, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.
5.- A finalidade da recollida e tratamento de datos será informar das distintas actividades, exposicións e eventos que leva a cabo a Fundación e poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas partes e o envío de comunicacións sempre relacionadas con FUNDACIÓN CARLOS CASARES.
6.- A formalización dos formularios, o envío de correos electrónicos ou o uso doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.fundacioncarloscasares.org, implican o consentimento expreso do usuario ó tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de FUNDACIÓN CARLOS CASARES, coas finalidades expresadas no apartado 5.
7.- Calquera usuario que o desexe, pode exercita-los seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ó previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa aplicable ó efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a FUNDACIÓN CARLOS CASARES, R/Oporto 1, 1º, 36201 VIGO (Pontevedra). Este servizo non terá custo algún para o solicitante.
8.- Cando un usuario accede á páxina web de FUNDACIÓN CARLOS CASARES pode quedar rexistro de parámetros tales como o enderezo IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión…, que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal, tipo nome, enderezo, teléfono, correo electrónico… que non poida ser solicitado co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para FUNDACIÓNCARLOS CASARES se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.
9.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES reservase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu web ou na configuración e presentación desta.
10.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES non garante a inexistencia de erros no acceso ó sitio Web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará tódalas medidas que estean ó seu alcance para evitalos ou emendalos.
11.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos mostrados na conexión a enlaces de terceiros ós que se fai referencia na web.
12.- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de FUNDACIÓN CARLOS CASARES, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web coma o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.
13.- FUNDACIÓN CARLOS CASARES non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir, nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario, como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión ós servizos e contidos de www.fundacioncarloscasares.org, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.