A Fundación Carlos Casares está a reunir as distintas iniciativas docentes, proxectos didácticos e recursos educativos, tanto propios como procedentes doutros centros de ensino ou de profesores e particulares que, de xeito xeneroso, nos permiten enlazar ou publicar aquí os seus contidos para que o resto da comunidade educativa poida traballar sobre a figura e a obra de Carlos Casares. Dende aquí, o noso agradecemento a todas as persoas que fan posible esta sección.
INICIATIVAS E ENLACES XERAIS SOBRE CARLOS CASARES
- Páxina de recursos fotográficos, audiovisuais e textuais da Fundación Carlos Casares.
- A primavera das letras, proxecto didáctico da Real Academia Galega.
- Na sección do Portal da Lingua, dedicado a Carlos Casares, pódese atopar unha enorme cantidade de recursos e guías didácticas sobre o escritor.
- 17 anécdotas para o 17 de maio. Guía do CEIP de Laredo (Chapela) – José Manuel Portela.
- Exposición de cartelas sobre a vida de Carlos Casares e cuestionario da mesma (Seminario Galán).
- Do seminario Galán tamén contamos cunha biografía e un díptico do Día das Letras Galegas.
- Roteiro Carlos Casares en Ourense.
- Paseo Literario Carlos Casares en Vigo.
- Roteiro sobre Carlos Casares en Santiago de Compostela realizado polo IES Carlos Casares de Vigo.
- Da man da profesora Begoña Allegue Rodríguez, tres pequenas actividades educativas interactivas: “Casares e o cine“, “Casares: sociedade e política” e mais “Casares: lingua e cultura“.
- Creación audiovisual “Carlos Casares. Letras 2017“, do IES ISaac Díaz Pardo.
- Telexornal Carlos Casares. Peza audiovisual de calidade, dirixida polo profesor Luis Gómez Aldegunde, do CPPI dos Dices-Rois e as alumnas Noemi Sóñora, María González, Sabela Rei, Clara Pardal, Antía Feáns, Alicia Quiñones e Estela Otero. Da mesma autoría é “A miña obra favorita de Carlos Casares“.
- De excelente calidade e factura é a elaboración do “Caderno Carlos Casares” do IES María Casares (Oleiros).
- Para xogar tamén co móbil, en grupos e na clase. Rosa Salgueiro, xunto cos seus alumnos e alumnasdo IES Marco do Camballón de Vila de Cruces traballaron o autor ourensán e confeccionaron un xogo para os móbiles, ao cal se pode acceder libremente.
- Unha singular exposición de balconadas sobre Carlos Casares do CIFP Someso da Coruña. Non deixedes de ver a galería coas imaxes.
- Material didáctico “Carlos Casares. Un escritor desta galaxia“, elaborado polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña, foi o traballo gañador do concurso na categoría A (educación infantil e primaria), convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
INICIATIVAS CENTRADAS NA OBRA DE CARLOS CASARES
- En Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, póndese consultar unha pequena mostra de 78 arquivos de Carlos Casares, na sección dedicada ao escritor.
- Vídeo e guía didáctica sobre Vento ferido, da Fundación Carlos Casares, pensada para alumnado de secundaria.
- Guía didáctica d´As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Centro Dramático Galego) en colaboración coa Fundación Carlos Casares, con actividades para diferentes idades. Conta tamén cunha web sobre a obra de teatro, amosando información adicional de interese para o equipo docente e o alumnado (vídeos, descarga de material, noticias, manualidades, etc.).
- Adaptación teatral d´A galiña azul para escolares, realizada polo Seminario Galán.
- Vídeorrelato e guía didáctica do conto “Monólogo” de Vento ferido, para alumnado de secundaria.
- Páxina webquest con guía didáctica de Eva López Castro sobre o libro A galiña azul, para o segundo ciclo de educación primaria.
- Guía de lectura narrativa na sección de dinamización do sitio Cultura.gal para prelectores e primeiros lectores. Entre as seis obras que se traballan, está a obra A galiña azul.
- Blogue “Ventos cruzados“, sobre hipertextualidade en textos literarios.
- Unha iniciativa ben interesante dos Argalleiros e Argalleiras das Letras, blog da biblioteca do IES Castro da Uz: audiolibros de obras de Carlos Casares, lidos polo alumnado do centro.
- Diapósitivas de Revolta da Freixa sobre a obra narrativa de Carlos Casares.
- Do Seminario Galán son estas Guías Didácticas adaptadas a Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria, e mais 5º e 6º de Primaria.
- Fermosa iniciativa do CEIP Sestelo de Baión, As laranxas máis laranxas, coa exposición de arte enREDad@s 2017, a VI Semana Internacional da Educación Artística UNESCO.
- O alumnado IES Alfonso X o Sabio, da man da profesora Dulce Fernández Graña, encargada do EDLG no centro, realizou varias pezas de adaptación de contos de Vento ferido. Patricia Vázquez e Candela Montero adaptaron “O outro verán“; Laura Paredes e Paula Arcay adaptaron “A rapaza do circo“; Omar Candal, Francisco Gámez, Sergio Losada, Uxía Abad e Laura Otero adaptaron “Aparecerá pola esquina“; e Alba Sánchez, Ainhoa Díaz, Ana Veiga e Marco García adaptaron “O xogo da guerra“.
OUTRAS INICIATIVAS RELACIONADAS CON CARLOS CASARES
- Proxecto “Galaxia Casares”, do IES Carlos Casares. Contén numerosos traballos, vídeos e iniciativas sobre o autor ourensán, entre os que destaca especialmente o álbum ilustrado As estrelas máis estrelas de todas as estrelas.
- Un fermoso marcapáxinas do Seminario Galán.
- Nunha colaboración entre a televisión da Universidade de Vigo, o Grupo de investigación de lengua española & lenguas signadas GRILES, Universidade de Vigo e o Seminario Galán, parte esta marabillosa iniciativa de textos de e sobre Carlos Casares en lingua española de signos, algúns deles adaptados a varios niveis educativos, grazas á axuda de María Bao.
- O CEIP Laredo, da man de José Manuel Portela, remitiunos unha fermosa guía titulada “17 de maio -Rosalía e Casares” na que, usando a figura de Carlos Casares como marco de referencia, se fala de Rosalía de Castro, do Día das Letras Galegas e dun dos seus impulsores, o arquitecto Manuel Gómez Román.
- O blog do IES Lagoa de Antela está inzada de noticias, imaxes, relatos, traballos, varias obras audiovisuais, etc., relacionadas con Carlos Casares.
CANCIÓNS, VÍDEOS ESPECIAIS E OUTRAS HOMENAXES
- Canción das letras galegas 2017 a Carlos Casares, feita polo alumnado de 4º de primaria do Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense.
- Con un corte diferente está a proposta do alumnado e profesorado do CEIP Carballal de Marín, o “Casares-tón“.
- Unha fermosa iniciativa. A curta “Casares, qué crack!“, vídeo sobre Carlos Casares realizado por alumnas e alumnos de PT do IES Alfredo Brañas de Carballo.
- A Televisión de Galicia confeccionou un monográfico das Letras Galegas 2017 cunha serie de videos especiais sobre Carlos Casares que reflicten distintos aspectos vitais e profesionais do escritor.
- Unha fermosa versión do poema “Amemos”, achegada por Sandra Tenreiro, profesora de música e cantautora en SandraTenreiroInfuSons.
- Simpáticos e pegadizos vídeos de rap sobre Carlos Casares, un realizado polo alumnado e profesorado do CEIP de Sada e outro do CPI Mosteiro de Meis.
- Un proxecto creativo multicompetencial no blog matemáticas e arte no que se aborda tanto O Principiño como a Carlos Casares dende distintas visións. Moi recomendable. Parabéns ao alumnado e profesorado que o fai posible.
- Grazas ao Laboratorio de Radio e a Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, enlazamos con varios dos proxectos nos que traballaron. Un deles é o blogue “Carlos Casares 2017“, no que se recollen achegas do alumnado dos centros de ensino de Betanzos a través da radio (unha adaptación radiofónica de As Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas feita polo alumnado de 1º de ESO do IES As Mariñas de Betanzos; “Carlos Casares. A viaxe das palabras” do CPR de Atocha; e unhas cuñas publicitarias do IES Francisco Aguiar).
- Programa Especial Letras Galegas 2017 feito entre o alumnado do CPI Virxe da Cela, CPI Castro Baxoi de Miño e veciñas e veciños de Monfero.
- Programa especial “Vivir aquí” sobre Carlos Casares, na TVG, do 14 de maio de 2017.
- Noticias, entrevistas e cortes radiofónicos sobre Carlos Casares na Radio Galega, en especial, a sección “Diálogos Carlos Casares”, coa entrevista a varios persoeiros relacionados co escritor.