O Simposio Internacional Carlos Casares foi promovido polo Centro de Estudos, e mais a Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, para afondar na figura e a obra do escritor ourensán. Unha primeira aproximación ao estudo e a investigación dunha personalidade tan variada e aberta que foi acometida por especialistas, amigos persoais e estudosos, impartindo conferencias e paneis de faladoiros, con cabida tamén para a lectura de comunicacións que previamente foron seleccionadas polo Comité Organizador, ademais de presentación de libros, lecturas dramatizadas e un roteiro literario sobre Casares na cidade ourensá.
Desenvolveuse do 13 ao 15 de decembro de 2007, por unha banda nas dependencias da UVigo-Campus de Ourense, e por outra nos salóns do Liceo de Ourense, entidade centenaria cun forte asentamento social na cidade, e á que Carlos Casares sentiuse vencellado desde os inicios da súa carreira profesional, impartindo charlas e conferencias, e posteriormente como coordinador e dinamizador do seu labor cultural.
OBXECTIVOS
1.- Dinamizar a actividade da Cátedra Carlos Casares da UVigo-Campus de Ourense.
2.- Como a máis alta institución académica dedicada á memoria de Carlos Casares (a Cátedra), liderar e dar comezo aos estudos de investigación sobre a súa obra e figura.
3.- Promover unha actividade máis que favoreza a integración da Uvigo-Campus de Ourense na cidade, permitindo e facilitando, en colaboración co Liceo de Ourense, que esta actividade transcenda os lindeiros do marco académico sen perder a súa esencia.
ENLACES
Programa do I Simposio Internacional Carlos Casares
Actas do I Simposio Internacional Carlos Casares