Tag

Día das Letras Galegas

Carlos Casares, Noticias

Máis eventos e homenaxes a Casares pasado o Día das Letras Galegas

As homenaxes, exposicións, conferencias e actos sobre de Carlos Casares non rematan co paso do Día das Letras Galegas. Multitude de eventos seguen convocándose diariamente en toda Galicia para recordar a figura do escritor. Entre as exposicións, ‘Os mundos de Carlos Casares’, impulsada pola Fundación e comisariada por Gustavo Adolfo Garrido e Chus Martínez, segue o seu percorrido por Galicia….

Continue reading
Carlos Casares, Noticias

Viana repudia a expulsión do ensino que sufriu Casares na localidade hai medio século

Case medio século despois e poucas xornadas tras da celebración do Día das Letras Galegas, a corporación municipal de Viana do Bolo reparou simbolicamente unha inxustiza cometida durante o franquismo contra Carlos Casares: cos votos favorables de todos os edís, o Concello repudiou a expulsión da vila que sufriu o escritor en 1970, sendo mestre no colexio local. Segundo narrou…

Continue reading
Noticias

A Academia enxalza a obra de Casares no acto central do Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega homenaxeou hoxe en Xinzo de Limia, con motivo do Día das Letras Galegas, a quen foi membro do seu plenario desde 1977 e ata o seu falecemento, en 2002. A figura de Carlos Casares centro a emotiva sesión extraordinaria da institución, marcada polos discursos dos académicos Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero, que destacaron…

Continue reading
Noticias

Unha fervenza de actos en todo o país lembra a Casares durante o Día das Letras Galegas

Ademais dos actos centrais do Día das Letras, que se celebrarán en Xinzo de Limia arredor da sesión especial que alí levará a cabo a Real Academia Galega, a axenda de acontecementos espállase por toda Galicia, dando a medida da dimensión e o aprezo popular acadados pola figura de Carlos Casares. Xuntamos aquí algunhas das propostas dun calendario inabarcable co que…

Continue reading