Tag

exposición

Actividades, Exposicións, Noticias, Os mundos de Carlos Casares

Últimos días da exposición “Os mundos de Carlos Casares” en Bueu

A exposición “Os mundos de Carlos Casares”, que abriu co gallo da XII Festa do Polbo de Bueu, dedicado este ano ao escritor ourensán polo seu libro Un polbo xigante, permanecerá aberta ata o vindeiro venres 9 de setembro nunha das salas do Museo Massó de Bueu. A mostra está composta por unhas 70 pezas entre paneis informativos, libros de…

Continue reading
Actividades, Exposicións, Noticias, O Principiño ao redor do mundo

A colección de Principiños de Carlos Casares, no MUPEGA

A partir de hoxe e ata finais do mes de maio, o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) acollerá a exposición “O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares“. A exposición está composta por un centenar de volumes da obra de Antoine de Saint-Exupéry en distintos idiomas do mundo e clasificados por familias lingüísticas, así como por varios paneis…

Continue reading
Actividades, Exposicións, Noticias, Os mundos de Carlos Casares

“Os mundos de Carlos Casares” nos institutos de Moaña

Neste mes de xaneiro, a exposición sobre a figura do escritor ourensán Carlos Casares está percorrendo dous institutos de ensinanza secundaria de Moaña. No IES María Soliño, onde Carlos Casares deu clase de 1974 a principios da década dos oitenta, a exposición estivo presente dende o 18 ao 25 de xaneiro na ágora do Centro. Dende o 27 de xaneiro ao 5…

Continue reading
Actividades, Exposicións, O Principiño ao redor do mundo

A exposición dos “Principiños” de Casares no Concello de Ourense

A partir do 22 de decembro, no Auditorio Municipal do Concello de Ourense, poderase visitar a exposición O principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares, na que se reúnen máis de 85 exemplares da obra de Saint-Exupéry en distintos idomas do mundo. Os exemplares foron coleccionados ao longo da súa vida por Carlos Casares, grande afeccionado do libro e tradutor…

Continue reading
Actividades, Exposicións, Noticias

A Fundación colabora co Parlamento de Galicia

O pasado venres día 30 de xaneiro inaugurouse a exposición didáctica “O Parlamento de Galicia. 27 anos de diálogo“, organizada polo Parlamento de Galicia e na que colabora a Fundación Carlos Casares. A exposición pretende achegar aos escolares e ao público en xeral a realidade do Parlamento de Galicia como fábrica de valores democráticos e de convivencia. Ao mesmo tempo, tamén se pretende…

Continue reading