Tag

Fundación

Actividades, Centro de Estudos Carlos Casares, Noticias

Reforzo da Fundación Carlos Casares en Ourense

A Comisión Executiva da Fundación Casares, en reunión celebrada o pasado xoves día 1 de decembro, decidiu reforzar o seu organigrama en Ourense, provincia e capital, acordando por unanimidade nomear a Delfín Caseiro director do Centro de Estudos Carlos Casares e a Xosé Ramón Quintana director da Cátedra Carlos Casares que mantén na UVigo – Campus Ourense. Ambos nomeamentos serán refrendados pola xunta de Padroado…

Continue reading
Actividades, Noticias

A Fundación reúnese cos docentes da Limia

Onte xoves, no Museo Etnográfico da Limia, que ocupa unha preciosa casa de Vilar de Santos que fora en tempos a Escola Unitaria do concello, reuníronse os docentes da Limia con membros do Museo e do Centro de Cultura Popular para coordinar as accións e actividades que desde o verán se foron artellando arredor do décimo cabodano de Carlos Casares, que se…

Continue reading
Noticias

Falece en Santiago Enrique Destar, impulsor da Fundación

Enrique Miguel Destar Novoa, natural de Ourense e casado con Mercedes Casares Mouriño, faleceu esta mañá en Santiago de Compostela á idade de 65 anos. Enrique Destar foi funcionario da Xunta de Galicia onde traballou a área de comunicación pasando, entre outros destinos, polas consellerías de Cultura e de Presidencia, onde se xubilou. Enrique Destar tivo un significado papel na creación e posta…

Continue reading
Noticias

Henrique Monteagudo secretario da Fundación Carlos Casares

Henrique Monteagudo ven de extrearse como secretario da Fundación na primeira reunión da Comisión Executiva celebrada o pasado venres. Substitúe no cargo a Hakan Casares Berg, que pasa a ocupar o posto de administrador. O profesor Monteagudo, amigo e estreito colaborador de Carlos Casares na editorial Galaxia e no Consello da Cultura Galega, entrou no padroado da Fundación o pasado 21 de…

Continue reading
Actividades, Noticias

Actividades da Fundación durante 2010

Como figura nos documentos fundacionais, os nosos obxectivos despréganse en catro áreas de traballo: – Velar polo estudo e a difusión da obra literaria de Carlos Casares e preservar a súa biblioteca, arquivo e coleccións. – Promover e difundir o legado casariano no que atinxe ao desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia, sustentado na comunicación, o diálogo e a tolerancia. – Constituírse…

Continue reading
Noticias

Visita anual a Galicia do buque escola Älva

O pasado luns, día 20, atracou no porto de Vigo, procedente da illa de Gernsey  (Canal da Manga, UK) o buque escola Älva. Abrigouse no porto vigués por cortesía da Autoridade Portuaria e da súa presidenta Corina Porro, que vén mantendo así esta tradición anual. O buque, que pertence ao centro de secundaria  Marina Läroverket de Estocolmo, estivo entre nós ata onte…

Continue reading