Tag

literatura infantil

Carlos Casares, Publicacións

A serie de Toribio

Adiantándose ao fenómeno das sagas literarias infantís, Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do…

Continue reading
Carlos Casares, Noticias, Publicacións

Novas edicións e reimpresións recordan a vida e a obra de Carlos Casares

O Día das Letras dedicado a Carlos Casares comeza a dar os seus froitos bibliográficos coa edición de varias obras inéditas, libros sobre o autor e reimpresións longamente esperadas. Dúas biografías, escritas por bos coñecedores da vida e da obra de Casares, acaban de saír do prelo e diríxense a lectores de signo ben diferente. Por unha banda, Damián Villalaín,…

Continue reading
Carlos Casares, Noticias

A Academia reúne na web ‘Primavera das letras’ recursos didácticos e lúdicos sobre Casares

Carlos Casares publicou en 1968 A galiña azul, libro fundacional na literatura infantil galega, lido desde entón por milleiros de nenos do país. Tirando do fío desta obra pioneira, a Real Academia Galega acaba de poñer a punto a web Primavera das Letras 2017, na que se reúnen recursos didácticos e lúdicos, perfís biográficos e bibliográficos, textos e outros materiais…

Continue reading
Noticias

C D G estrea hoxe en Ourense

Esta tarde, ás 20:30 horas, o Centro Dramático Galego estrea no Teatro Principal de Ourense  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a famosa obra de Carlos Casares publicada pola editorial Galaxia en 1973 e que recibiu o premio da Asociación Cultural “O Facho” no certame de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade, convocado ese mesmo ano. As…

Continue reading