Tag

UVigo

Actividades, CeMAC, Noticias

O humor inunda a estrea da webserie “Prevenidos” en Pontevedra

Tras semanas de organización e nervios chegou a hora da verdade o día 5 de outubro, ás 20 horas, nun Teatro Principal de Pontevedra practicamente cheo. O equipo do taller audiovisual “Celanova: plató de ficción” facía a estrea da webserie “Prevenidos“, rodada e producida durante o XIII Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova (CeMAC 2016). E, seguindo o ton da webserie,…

Continue reading
Actividades, Axenda, CeMAC, Noticias

A muller no sector audiovisual galego, tema central do CeMAC 2016

Do 5 ao 8 de xullo de 2016 terá lugar no Auditorio Municipal Iludara de Celanova (AMIC) a decimoterceira edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC 2016), Curso de Extensión Universitaria  organizado pola Cátedra Carlos Casares e a Universidade de Vigo no seu campus de Ourense. Está dirixido polo crítico de cine e profesor de Comunicación Audioviual, Miguel…

Continue reading
Noticias

Carlos Casares no GRIAL

Como xa anunciamos, a revista GRIAL dedicou unha boa parte do seu número 196,  o último de 2012, a Carlos Casares, quen fora seu editor amén de director xeral da editorial Galaxia ata a súa prematura morte en 2002. Coa publicación deste semi-monográfico, a histórica editorial pecha a súa senlleira aportación á serie de iniciativas ao redor do décimo cabo de…

Continue reading
Actividades, Noticias

Curso sobre dereito a un Medio axeitado

Os días 15-16, 22-23 e 28-29 de marzo terá lugar na Facultade de Dereito de Ourense o Curso sobre dereito a un Medio axeitado, desenvolvemento urbanístico e económico, e protección dos sectores de poboación vulnerables. Organizado por Roberto Bustillo Bolado, profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo, o Curso, de carácter académico-profesionalizante, terá unha duración de 30 horas…

Continue reading
Noticias

Giovanna Giusti na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

O vindeiro venres 27 de maio ás 11 horas no salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Giovanna Giusti dará unha charla sobre cuestións museolóxicas da Galería dos Uffizi, con especial atención á metodoloxía de traballo a través dun caso práctico: a exposición “Autoritratte: Artiste di capriccioso e destrissimo ingegno“. Giovanna Giusti é Historiadora da Arte e Directora do Departamento…

Continue reading
Actividades, Carlos Casares, Noticias

Actas do Simposio Internacional Carlos Casares

Un dos obxectivos fundacionais da Fundación Carlos Casares é a de velar polo estudo e difusión da obra literaria do escritor que lle dá nome. A raíz desta idea, a Fundación  organizou o Simposio Internacional Carlos Casares, que se desenvolveu en Ourense a finais do ano 2007, no ámbito da Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, co fin de…

Continue reading