Onte quedou inaugurada a exposición “Os Camiños de Carlos Casares” no Cárcere Vello de Corcubión; un edificio moi ben rehabilitado, luminoso, que permite unha circulación áxil entre o e discreto patio central, as salas e os espazos de servizo. Está situado no porto, fronte a fermosa igrexa de San Marcos e a un paso do Náutico, en cuxa esplanada pode o camiñante descansar e refrescarse co vista da ría e o monte Pindo.

Na inauguración estiveron presentes o concelleiro de Cultura, José Antonio Louro, ademais de Gustavo Adolfo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares e mais Norberto Pais, técnico de Cultura e Turismo. Ao remate, Xurxo Lobato conduciu unha visita guiada pola exposición, resaltando algúns dos lugares singulares que retratou co contrapunto de textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A vila, para o peregrino, sitúase entre Cee e Fisterra, e nela comeza a ultima etapa do camiño que leva á fin da Terra.