Amigos da Fundación Carlos Casares quere ser un vieiro participativo que canalice os apoios e os desexos de cooperación coa Fundación e as súas actividades, respondendo así á vontade expresada por moitas persoas e diversas institucións.
Ser Amigo da Fundación Carlos Casares conleva ter acceso a información periódica sobre a actividade desta entidade, ser convidado aos actos que celebre, recibir as publicacións que se realicen de balde ou con importantes descontos así como gozar doutros xeitos de participación directa.
Como ser Amigo da Fundación?
De ter interese en facer parte dos Amigos da Fundación Carlos Casares, só hai que enviar un correo electrónico para que poidamos contactar e solicitar os datos precisos.
De preferilo, tamén se pode facer mediante correo postal (r/ Oporto, 1 – 1º andar; 36201 Vigo).
Faite Amigo da Fundación Carlos Casares: info@fundacioncarloscasares.org