Axenda

Abr
15
Lun
Exposición “Sorrisos por un mundo” no IES Carlos Casares de Vigo @ IES Carlos Casares de Vigo
Abr 15 – Mai 6 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Abr
27
Sáb
II Gala Carlos Casares no camiño das artes @ Auditorio Municipal de Nigrán
Abr 27 @ 6:00 PM – 8:00 PM

O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboran un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e obra de Carlos Casares entre a mocidade do concello a través dun concurso literario, en cuxa gala prevista para o sábado 27 de abril se fará entrega de premios.

No evento, ademais da entrega de premios a escolares participantes no II Concurso Escolar Municipal de Relato Cutro “As laranxas que medraban en Nigrán”, tamén contaremos coas actuacións da Banda Xuvenil da Esola da Agrupación Musical de Vincios, dirixida por María García Bustos, a Compañía Almadanza, Dúo Carrera, Xérmola e Xosé Poldras.

O acto será presentado e conducido por Marina Sánchez-Canal.