Category

Noticias

Noticias

V Xornadas Videoxogo e Literatura

As V Xornadas de Videoxogo e Literatura son unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

O fío do futuro do audioviusal galego a debate no XIX Curso de Medios Audiovisuais de Celanvoa (CeMAC23)

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia, e co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), promove o XIX Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2023) Rodamos. O audiovisual no fío do futuro, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezanove…

Continuar
Actividades, Exposicións, Noticias

Catoira homenaxea a Kristina Berg

O día 10 de maio quedou inaugurada a mostra “Kristina Berg. Unha moza viquinga” na sala do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) que leva o seu nome. Ao acto asistiron o comisario da mostra, Gustavo A. Garrido, o administrador da fundación, Håkan Olof Casares, o alcalde de Catoira, Alberto García e o tenente alcalde Javier César. O…

Continuar
Actividades, Noticias

Cristian Fojón Caruncho imparte unha clase maxistral de debuxo e banda deseñada en Xinzo de Limia

O pasado 4 de maio celebrouse, dentro do programa de actividades anuais que a Fundación Carlos Casares realiza en Xinzo de Limia, grazas á subvención que a entidade recibe do concello limiao, a Master Class de cómic de Cristian Fojón Caruncho no IES Lagoa de Antela. Foi organizada, xunto co profesorado de Plástica do centro, para unha vintena de alumnos…

Continuar
Noticias

A galiña azul volve falar en ucraíno

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu a presentación da edición d’A galiña azul na súa tradución ao ucraíno, como parte da colaboración que a entidade e a familia do escritor desenvolven coa Xunta de Galicia para fornecer de material educativo e cultural galego ao alumnado ucraíno refuxiado en Galicia que, neste momento, alcanza os 700 escolares. A obra…

Continuar