CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES

O CENTRO DE ESTUDOS

villalainmazairapedrayobergcabezasvalcarcel_web.jpg

Presentación oficial no Liceo de Ourense, o 9 de xullo de 2004. D. Villalaín, A. Mazaira, J. C. Martínez Pedrayo, K. Berg, M. Cabezas e M. Valcárcel

O Centro de Estudos ‘Carlos Casares’ constitúe unha extensión da nosa entidade en Ourense, cidade natal do noso autor e tan vencellada á súa lembranza tanto polo seu devir vital coma pola importancia que acada na súa obra a cidade das Burgas. Creada en 2004, o seu obxectivo principal é o de xestionar e desenvolver todas as actividades de investigación ao redor da figura de Carlos Casares dentro da Fundación. Por outra parte, co establecemento do Centro de Estudos ‘Carlos Casares’, a cargo do seu coordinador (inicialmente Marcos Valcárcel e dende 2011 Delfín Caseiro), a Fundación quere sumarse con entusiasmo e afán de colaboración á actividade que xa están a desenvolver en Ourense distintas entidades cívicas e culturais. Con esta iniciativa, a Fundación Carlos Casares quere contribuír a facer desta cidade un digno enclave da cultura galega e universal, esa “célula galega de universalidade” que pretendían os compoñentes da Xeración Nós.

A CÁTEDRA CARLOS CASARES

En maio de 2003, a Universidade de Vigo (Domingo Docampo) e a Deputación de Ourense (Xosé Luís Baltar) asinan coa Fundación Carlos Casares unha serie de convenios para poñer en marcha diferentes actividades no Campus de Ourense, entre elas a creación da Cátedra Carlos Casares, con obxectivos similares ao Centro de Estudos pero cun ámbito académico máis especializado. Dende o ano 2011, a dirección da Cátedra recae en Xosé Ramón Quintana.

ACTIVIDADES

OUTRAS ACTIVIDADES DA CÁTEDRA CARLOS CASARES